O presidente da Deputación de Lugo anima aos viños da Ribeira Sacra a seguir traspasando fronteiras

O presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, confésase como un amante dos viños da Ribeira Sacra e insiste en que son un valor promocional de toda a provincia. Sinala que “escoitar falar dos viños de Ribeira Sacra fóra de Galicia dálle caché á provincia de Lugo” e aposta por traballar dende a unidade, agrupando todos os recursos cos que conta para “potenciar un proxecto común”.

En declaracións ao C.R.D.O. Ribeira Sacra, Besteiro insiste en que a provincia de Lugo ten os recursos “que a xente busca hoxe no turismo”, como a paisaxe e a gastronomía. Nese sentido, o presidente da Deputación sinala que “o obxectivo inmediato entendo que debe de ser seguir traspasando fronteiras”, en relación aos viños da Ribeira Sacra.