A Asociación de Hostelería de Lugo celebrará en Viveiro a súa gala anual

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo celebrará a súa asemblea xeral anual en Viveiro. Será o vindeiro 7 de marzo. Unha vez finalizada a asemblea, os asociados celebrarán a súa gala anual na que se premian aos establecementos máis destacados. Para facilitar a asistencia dos asociados, disporase un servizo de autobuses desde Lugo a Viveiro.