Varela non responde á misiva enviada polos Premios Nacionais de Literatura galegos

A presentación do programa de actividades do Ano do Libro e da Lectura foi o momento escollido polo conselleiro de Cultura, Roberto Varela, para matizar as súas polémicas declaracións da semana pasada sobre o “ensimismamento” da cultura galega que trouxeron como consecuencia o envío dunha misiva escrita conxuntamente polos Premios Nacionais de Literatura galegos, que pedían a súa dimisión.

Tal e como recolle o diario Xornal,o conselleiro de Cultura non quere responder de momento á misiva dos once Premios Nacionais de Literatura galegos porque non coñece o contido do escrito, aínda que recoñece que non se lle pasa pola cabeza dimitir.