Ritz-Carlton capta alumnos no Centro Superior de Hostelería

REsponsables da cadea hoteleira Ritz Carlton acoden ao Centro superior de Hostelería de galicia para facer unha presentación da empresa aos alumnos, coa finalizadade de captar a algúns deles para realizar prácticas en dirección hoteleira.

A cadea de hoteis de luxo é a primeira en acudir ao Centro Superior de Hostelería de Galicia con entrevistas persoais, aínda que en próximas datas tamén asistirán as empresas Barceló, NH, Sol Meliá, Fiesta, Mariott, Sheraton, Vincci, AC, Hesperia, Accor, Riu, Paradores, Iberostar, Hyatt ou Mandarín.