Premios para Sameirás e Casal de Armán

O viño da D.O. Ribeiro Sameirás 2008 tinto foi galardoado cunha Mención de Honra polo portal vinícola elmundovino.com, que premia aos mellores viños do ano nas categorías de tintos, brancos e espumosos. O adegueiro Antonio Cajide Gulín sinalou que “é reseñable que se vaian tomando cada vez máis en serio os tintos do Ribeiro e que se logren premios con eles”.

Pola súa banda, a adega Javier González Vázquez tamén recibiu o seu recoñecemento esta semana polo seu viño Casal de Armán 2008, recoñecido como mellor branco xoven e como un dos 11 Magníficos da guía de viños “Vivir el Vino”.