Patrimonio asegura que o Pazo de Meirás abrirase ao público en breves

O director xeral do Patrimonio Cultural, Jose Manuel Rey Pichel, manifestou que o Pazo de Meirás prestarase unha atención prioritaria as cuestións de seguridade do pazo "polo que significa o propio pazo e a familia Franco para que non haxa danos ni alteracións no patrimonio". O director xeral do Patrimonio argumentou que "os resultados das conversacións cos titulares están sendo positivos" e que "non existe oposición, senón prudencia lexítima" para abrir o pazo ao público "catro días ao mes cun procedemento determinado". Asemade, o director xeral expuso o "talento, traballo e proxecto" como factores determinantes para a viabilidade da conservación das murallas do Patrrote co aparcadoiro subterráneo.