O conselleiro de Medio Ambiente asegura que o Plan do Litoral garante a seguridade xurídica dos concellos

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, afirmou que "dende o goberno galego queremos desenvolver un completo programa de creación e adaptación dos instrumentos lexislativos que nos sitúen á vangarda da protección e ordenación do noso terrirorio". O Plan de Ordenación do Litoral pretende garantir a seguridade xurídica dos concellos, facilitando a ordenación do ámbito municipal e "proporciona ungas regras de xogo claras en toda a franxa litoral, con criterios homoxéneos para regular a construcción e ordenar o conxunto da costa, analizando concello a concello as circunstancias especiais de cada termo municipal".