O Arlequín é seleccionado como o cartel anunciador do Entroido 2010 do Concello de Lugo

A Conselleira de Cultura, Concepción Burgo, presentou xunto aos membros do xurado, a directora da Escola de Artes Ramón Falcón, Esther Muñoz, Jesús Cao, da Asociación Cultural Pepe Barreiro, e o deseñador Enrique Bonet, a resolución do VI Concurso de Carteis de Entroido organizado por esta Concellería co fin de promocionar estas festas.

O xurado de certame reuniuse esta mañá na Casa Consistorial para seleccionar o cartel gañador desta cuarta edición. O faio declarou gañador ao cartel titulado 'O Arlequín'. O autor da obra galardonada é a lucense Naila Montes Vázquez que recibirá o premio de 600 euros.