Nueva directiva para Gallaecia

A Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia, en asemblea extraordinaria, vén de renovar a súa Xunta Directiva. A partir de agora, a presidenta pasa a ser Mercedes González Rodríguez, monitora de Hostalería e asesora dos restaurantes Paprica, La Barra e Colón en Lugo. Xunto a ela estarán, como vicepresidente, Luis L. Paadín; como secretario, Alberto Román García e, como tesoureiro, Eugenio Rodríguez.

Gallaecia afronta esta nova etapa con “ilusión e rigor”. Entre os seus proxectos están potenciar o carácter informativo das Distincións Gallaecia e incidir na formación e organización de viaxes enolóxicas tanto nacionais como internacionais, así como a colaboración directa cos consellos reguladores.