De tapas pola Praza da Leña

Non só se desestacionaliza o turismo senón tamén o san costume de ir de tapas. Así o entenden, alomenos, un grupo de hostaleiros da Praza da Leña de Pontevedra que veñen de deseñar un programa para que o tapeo vaia máis alá dos meses de verán. O primeiro, a “Ruta do mar”, desenvolverase do 28 de xaneiro ao 7 de febreiro e poderanse degustar, entre outros bocados, un pudin de peixe, una vieira rebozada ou uns lombos de anchoa.

Máis adiante, celebrarase a “Ruta da terra”, centrada nas carnes (25 de febreiro ao 7 de marzo) e a “Ruta da montaña e do aire”, con tapas de caza a produtos do monte como os cogumelos. Esta última celebrarase entre o 8 e o 18 de abril. As tapas terán prezos que oscilarán entre os 2 e os 3 euros.