Cotobade estrea a festa gastronómica do Petote

O Concello de Cotobade porá en marcha este Entroido a súa primeira festa gastronómica do Petote, unha variedade do coñecido bolo do pote que se serve co cocido e que se recuperou neste municipio pontevedrés. A cita terá lugar o 14 de febreiro co obxectivo de completar o programa do Entroido.

A intención é que a festa se consolide no tempo e para iso, o Concello conta coa colaboración dos establecementos hostaleiros de Carballedo, a parroquia na que se desenvolverá a festa. O petote realízase con fariña de millo e auga e amásase en forma dun bolo pequeno.