Esta tarde celébrase a gala que dá comezo ao Lugo10 no Círculo das Artes e á que está previsto que asistan numerosos representantes da cultura, das artes, do deporte, da política ou dos medios de comunicación, entre outros. Será unha gala realizada pola Fundación TIC e retransmitida pola TVG nas súas dúas canles. A gala terá unha hora e media de duración e será presentada pola xornalista lucense Laura Peña. Entre os atractivos, atópase o monologuista Pepo Suevos e a actuación estelar do dúo Soas, composto por Cristina Pato e Rosa Cedrón. Ademais, a gala contará coa emisión de diversos vídeos promocionais da cidade realizados na súa totalidade por traballadores da Fundación TIC e bolseiros da Escola de Imaxe e Son de Lugo.
Con este acto dáse comezo á programación Lugo10, coa que a capital quere conmemorar o décimo aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade.
Con este acto dáse comezo á programación Lugo10, coa que a capital quere conmemorar o décimo aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade.