Achegas de 20.000 euros para pescadores da comarca de Pontevedra

A comisión informativa de Pesca e Asuntos Mariños da Deputación de Pontevedra acordou resolver favorablemente o pasado 20 de xaneiro o reparto de axudas económixas ás confrarías, federación provincial e asociacións de confrarías da provincia para o ano 2010. As achegas, neste caso, irán destinadas á mellora nos servizo que as confrarías ofrecen ós seus socios.

A Confraría de Pescadores San Gregorio-Raxó (Poio), a San Telmo (Pontevedra), a Lonxa de Campelo A.I.E (Pontevedra) e a Asociación Profesional de Mariscadores Pedra de Oliveira (Vilaboa) son as seis agrupacións da comarca de Pontevedra que recibirán de mans da Deputación Provincial de Pontevedra unha axuda económica que ascende en total, ós 20.000 euros.