A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas adxudicou, de xeito provisional, as obras de acondicionamento do entorno do Templo de Veracruz, no Carballiño. A empresa adxudicataria foi Misturas Obras e Proxectos S.A., por un importe de 957.882 euros. Esta actuación consiste nas obras de urbanización e pavimentación do contorno do templo, e teñen un prazo de execución de dez meses.
Os traballos céntranse en mellorar e cualificar o contorno do templo e construír unha nova rúa, a rúa Antonio Palacios, así como mellora o trazado e a aliñación da rúa dos Canteiros. Estas dúas vías, xunto coa de Evaristo Vaamonde, delimitarán o recinto do ámbito do templo. O convenio asinado tamén fixa que se acondicionará o propio contorno do edificio, co tratamento superficial e a incorporación de árbores e de vexetación.