Un libro recolle a historia e as receitas do capón de Vilalba

A escritora e experta gastronómica Matilde Felpeto vén de presenta o libro “El capón de Vilalba y su cocina”, que recolle unha contextualización histórica e varias receitas sobre este tradicional produto. O volume contén referencias culinarias dende o século XVI e un conxunto de corenta e tres receitas, sinxelas e a base de produtos da terra.

O libro, que xa está á venda, distribuirase por todo o territorio nacional. A tiraxe inicial é de 2.500 exemplares, dos que o Concello de Vilalba adquiriu 500.