Ribeira Sacra en busca dunha Ruta Xeolóxica

O grupo de desenvolvemento rural da Ribeira Sacra participará no proxecto de cooperación da Rede de Espacios Ambientalmente Competitivos, que ten como finalidade mellorar o coñecemento da biodiversidade no seu ámbito de actuación e, en especial, dos cauces fluviais e das áreas con algún réxime de protección.

Segundo recolle La Voz, a Ribeira Sacra participa cun proxecto para a creación dunha Ruta Xeolóxica con itinerarios temáticos adicados á historia de Galicia, a explotación dos recursos mineiros e a historia do Sil.