Os productores de kiwi esixen control

Os principais produtores galegos de kiwi valoran a recente aprobación, polo Parlamento, da Indicación Xeográfica Protexida para esta froita, se ben demandan a posta en marcha dun estrito control de calidade para que chegue ao consumidor nas mellores condicións. Segundo recolle Faro de Vigo, os produtores consideran que, con este marchamo, o kiwi galego poderá competir aínda en mellores condicións cos chegados de fóra.