O Pemento do Couto inicia unha nova campaña á espera da IXP

Os produtores do afamado Pemento do Couto inician unha nova campaña esperanzados coa inminente concesión da Indicación Xeográfica Protexida para esta variedade. Estes días, os membros da cooperativa de O Val están procedendo a prantar os pementos que se poderán comercializar en torno ao mes de maio pero estes traballos coinciden coa finalización do prazo de presentación de alegacións na UE de cara á concesión da IXP.

Os membros desta cooperativa, como recolle Diario de Ferrol, prantarán un total de 40.000 unidades desta especie.