Monterrei incrementou a súa produción en 10.000 botellas

A denominación de orixe vitícola máis nova de Galicia, Monterrei, consolidouse este ano cun incremento de 10.863 botellas sobre as cifras do exercicio de 2008, o que supón un 1,16% máis de produción. Para o Consello Regulador, a clave do éxito radica no traballo realizado por todos os sectores implicados, dende os viticultores aos adegueiros, pasando polos enólogos e comercializadores.

En 2009 tamén seguiron medrando as cifras de exportacións, sendo Europa, Estados Unidos, México e Xapón os mercados preferentes.