Lugo é a provincia galega na que máis medrou o turismo rural este ano

Lugo é a provincia de Galicia na que máis medrou o turismo rural durante o presente ano, segundo informou a vicepresidenta terceira da Deputación de Lugo e encargada da área de Turismo, María Xosé Vega. Así, incrementáronse nun 13% os aloxamentos na provincia.

Vega Buján congratulouse deste dato e insistiu en que é o resultado dun traballo ben feito e que dá esperanzas aos profesionais do sector.