Inversións en Cabanas, Boqueixón e Porto do Son

A Deputación de A Coruña sigue investindo na promoción turística dos concellos e na posta en valor dos seus recursos. Desta volta, financiará o programa de actividades do Centro de Interpretación do Castro de Baroña (Porto do Son) pero tamén aportará achegas á II Mostra Soncelta do Castro de Baroña e á sinalización do enclave.

En Boqueixón, a Deputación colaborará na restauración dos retablos das igrexas de San Salvador de Ledesma, San Lourenzo de Pousada e Santa Mariña de Subcira. A Deputación tamén investirá no turismo do concello de Cabanas, en sinalización e espacios de lecer.

Tamén na provincia da Coruña, os turistas que se acheguen ao concello de Corcubión poderán moverse polo seu territorio guiados polo seu móvil. O terminal debe dispor de cámara, GPS e brúxula. Trátase dunha tecnoloxía pioneira e novidosa que posibilitará que o turista, con só enfocar co seu móvil un recurso, obterá información detallada del así como fotografías.