Intervencións de posta en valor de diferentes elementos patrimoniais do Eume

O director xeral do Patrimonio Cultural, José Manuel Rey e o delegado territorial da Xunta de Galicia en A Coruña, Diego Calvo, visitaron a comarca do Eume para comprobar o estado dos castelos, torres e mosteiros que formar parte do patrimonio histórico, co fin de analizar as posibles intervencións no grupo de bens patrimoniais formado polo Castelo de Narahío, a Torre de Andrade e o Castelo de Nogueirosa e o Mosteiro de Monfero.

A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural estuda estas intervencións ademais da creación dunha futura rede turística- patrimonial de castelos e mosteiros na comarca.