Cultura e Turismo resolve a situación de parálise do Pazo Fortaleza de Tovar

Roberto Varela, conselleiro de Cultura e Turismo, afirmou no Parlamento o inicio do desbloqueo na parálise mantida ata o de agora por parte de administración autonómica no Pazo Fortaleza de Tovar, mansión señorial fortificada de estilo gótico isabelino situada no concello lucense de Lourenzá.

O desbloqueo suporá un acordo, polo cal o propietario, asumindo o compromiso da súa xestión, cede ao Concello a dispoñibilidade pública do edificio asumindo a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural o compromiso de execución das obras básicas de restauración.