Comezan as obras no mosteiro de Melón

A principios de xaneiro comezarán as obras de consolidación e restauración do mosteiro de Melón (Ourense), cun presuposto total de 1.250.000 euros, que financian a Consellería de Cultura e Turismo e o Ministerio de Fomento. A previsión é que os traballos estean rematados antes de finalizar o 2010.

As obras consistirán na consolidación estrutural da ruína existente, así como na adecuación espacial do monumento para que poida ser visitado en condicións suficientes de seguridade, xerando un percorrido que permita entender o edificio e a súa funcionalidade histórica. Así, realizaranse melloras, entre outros espazos, no claustro da hospedaría e no claustro regular. Tamén se mellorarán os accesos.