As prazas pontevedresas reivindícanse

Oito prazas de abastos da provincia de Pontevedra veñen de crear unha campaña publicitaria para amosar aos seus clientes que son o mellor lugar no que faceren as súas compras. E queren facelo transmitindo unha imaxe de proximidade e modernidade. Para elo, realizaron unha serie de spots televisivos no marco da campaña “Traballamos para ti”.

Con esta campaña, os praceiros tentan loitar contra as grandes superficies, os seus maiores competidores.