A Xunta axuda á primeira granxa mariña de orella de mar en Galicia

O Consello da Xunta aprobou a concesión dunha axuda económica de más de 3 millóns de euros que solicitaba a Consellería do Mar para a empresa Galician Marine Acuiculture S.L. coa que se porá en marcha a primeira granxa de cultivo de orella de Galicia, que se situará en Muros.

A través da tecnoloxía innovadora e de protección do ambiente no criadeiro cultivaranse dúas especies destinadas á exportación.

O produto cultivado exportarase principalmente aos países asiáticos, onde se consume máis do 80 por cento da oferta mundial de orella de mar.