Xosé Benito Reza reivindica nun libro a beleza do Macizo Central ourensán

“O Macizo Central ourensán” é o título do último libro de Xosé Benito Reza. Trátase dunha obra de carácter didáctico que profundiza no coñecemento dese extenso territorio da provincia. É un traballo aberto que percorre todas as serras, aldeas e lugares deste entorno de contrastados valores naturais e paisaxísticos.