Xacobeo: máis albergues e algo máis

Achégase o Xacobeo e continúan coñecéndose máis detalles da preparación para esa tan trascendente cita. Así, abrirán as portas cinco novos albergues nas localidades de Dumbría, Samos, Palas de Rei, Betanzos e Boimorto. Ademais, outros reformaranse para ter máis prazas, como é o caso do de Melide.

Por outra banda, o grupo popular do Congreso presdentou unha proposición non de lei que defende a celebración dun sorteo extraordinario da Lotería Nacional que destine os beneficios á organización do Xacobeo 2010.

Doutra banda, a Catedral de Lugo podería acoller unha exposición de imaxes de Santiago con motivo do Ano Santo.