Sinalización turística nos límites transfronteirizos

O Consello da Xunta aprobou a sinatura dos convenios de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e as deputacións de Ourense e Pontevedra para a execución dun proxecto de sinalización turística dos límites fronteirizos. O orzamento previsto para a execución dos proxectos conveniados é de 230.328 euros con cada un dos entes provinciais. As actuacións teñen por obxectivo promocionar e divulgar os recursos turísticos das dúas provincias así como potenciar e desenvolver o turismo na zona fronteiriza.

Tendo en conta que o turismo portugués representa a maior porcentaxe de turistas estranxeiros que recibe Galicia co 25,6% do total de turistas procedentes de Portugal –segundo a enquisa de destino 2009 de Turgalicia- e o 75,9% do total de excursionistas –segundo datos da enquisa de excursionismo 2008- considerouse prioritario que esta primeira fase se concentrase nas dúas provincias transfronteirizas.