O Sindicato Labrego Galego convoca mercados transparentes para pedir unha modificación da actual política agraria

A Secretaria Xeral do SLG, Carme Freire Cruces, deu conta en Santiago das accións reivindicarivas a prol da modificación das actuais políticas agrarias, en demanda de prezos mínimos e regulación das marxes comerciais que terán lugar hoxe en toda Galiza e que serán secundadas en todo o Estado español cunha gran manifestación multisectorial en Madrid.

Todos os sectores do agro galego mobilizaranse unidos nas accións comarcais entorno as 12.00 horas en forma de mercados transparentes na cidade de A Coruña, Santiago de Compostela, Lugo e Pontevedra.