O mosteiro de Celanova, a polo Parador

O mosteiro de Celanova, a polo Parador

A Comisión de Industria do Parlamento de Galicia aprobou unha iniciativa do PPdeG na que se insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno Central para que inicie as xestións para a construción dun Parador Nacional de Turismo no Mosteiro de San Rosendo de Celanova. O deputado Rosendo Fernández defendeu a instalación do Parador dentro do desenrolo do Plan de Dinamización Turística para a comarca e que engloba diversas actuacións coa finalidade de transformar todo o potencial histórico, patrimonial e cultural das Terras de Celanova nun produto turístico capaz de xerar economía na zona.

O deputado popular tamén destacou que a instalación do Parador xogaría un papel importante como elemento dinamizador do sur da provincia.