Máis calidade turística

A primeira edición de Turexpo serviu para acoller o acto de entrega das novas certificacións Q de Calidade Turística, da que dispoñen máis de 150 establecementos. Recibiron por primeira vez a súa certificación, no sector de praias, as de Area e Covas (Viveiro); no sector de axencias de viaxes, Viaxes Valmiñor; no sector de restaurantes, Los Abetos (Nigrán) e no sector dos hoteis, o Hotel Colón Tuy (Tui).

Galicia sitúase, con estas novas distincións, como unha das comunidades autónomas pioneiras no eido da calidade turística. De feito, por exemplo, en turismo rural, o 22% dos aloxamentos rurais con este distintivo de todo o Estado son galegos.