A Evega traballa na mellora e fomento dos viños galegos

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) dependente da Consellería do Medio Rural, está a traballar na elaboración de viños tintos galegos, no illamento de uvas autóctonas e na recuperación das castes autóctonas, desenvolvendo tamén un proxecto de destilación de kiwi e de bagazo para facer augardente, xunto con destilados de pexego e diferentes froitas.

Entre as referencias máis innovadoras atópase a colaboración co proxecto Winetech, proxecto destinado a fomentar os viños galegos nun marco de tecnoloxías na elaboración do viño con diferentes organismos públicos, entidades e institucións académicas de Galicia, La Rioja, Castela León e Castela A Mancha, así como de Francia e Portugal, presentado no marco do Programa de Cooperación Territorial Europea Interreg IV-B.