A Coruña promociónase en Madrid

Mañán venres, día 6 de novembro, arranca unha edición especial adicada a Galicia de La Plaza, o mercado gastronómico urbano de Madrid, que se celebra no barrio de Chueca e que terá a cidade de A Coruña como protagonista estelar do evento coa campaña “365 Sabores”.
Esta acción xunto coa que se desenvolverá o día 10 deste mes na Estación de Las Delicias baixo o epígrafe “365 Delicias” encádranse na campaña de desestacionalización turística “A Coruña 365 grados”, deseñada para atraer potencias visitantes que non pensaron na cidade como un posible destino para unha escapada fora da época estival. Estas dúas accións promocionais xiran sobre o eixo gastronómico.