As lonxas arousanas reducen a súa facturación

As lonxas da ría de Arousa facturaron, dende xaneiro a outubro, algo máis de 67 millóns de euros, unha cantidade sensiblemente inferior á que rexistraron no mesmo periodo de 2008, cando o volume global de negocio foi de 72 millóns de euros. Segundo publica Diario de Arousa, nestes dez meses do presente ano puxáronse nas lonxas arousanas máis kilos de peixe que no exercicio anterior: 41,5 millóns de kilos fronte aos 33,8 do ano pasado.

A principal lonxa da ría en cando a facturación e cantidades puxadas segue sendo a de Ribeira, con 33 millóns de euros de negocio.