Allariz convoca un concurso de repostería para afeccionados

Seguen sucedéndose as feiras e encontros gastronómicos vencellados co outono. Neste caso é o concello ourensán de Allariz o que convoca a veciños e visitantes a un encontro que cumpre xa catorce edicións. A Feira do Outono ten algunhas novidades este ano como a celebración dun concurso de repostería para afeccionados, no que se espera estean presentes produtos tipicamente outonais como as castañas, as noces ou o mel. O gañador levará como premio unha fin de semana para dúas persoas na illa da Toxa. A cita co Outono alaricano é esta fin de semana.

E na provincia de Lugo, concretamente no concello de Castroverde, a asociación cultural Espalladoira prepara o seu vixésimo quinto aniversario que incluirá un magosto popular, este domingo.