XVIII Feira de Mostra de Produtos Regionais-Festa das Colheitas

Vila Verde, localidade portuguesa que pertence ao distrito de Braga, acolle dende hoxe día 14 a XVIII Feira de Mostra de Produtos Regionais-Festa das Colheitas, referencia nacional na promoción do desenvolvemento rural. Esta mostra, que rematará o domingo día 18, concentra a preto de 150 expositores en representación de distintos sectores produtivos da rexión como a agricultura (convencional e biolóxica), artesanía, turismo e ensino profesional, entre outros.

Asemade, integrado na Festa das Colheitas, destaca o Festival Gastronómico que conta coa participación nas tasquinhas da feira de restaurantes que representarán a diferentes zonas de Portugal, nomeadamente o Torres, de Vila Verde; o Académico, de Bragança; a Travesa do Peixinho, de Aveiro; O Porquiño, da Bairrada e, finalmente, A Canga, de Almodovar.