A Xunta comprométese co programa europeo ‘Viaxando por Besanas’

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, amosou o compromiso do Goberno galego de “empregarse a fondo” para apoiar, difundir e transferir as accións que se desenvolven no plan ‘Viaxando por Besanas’, que se enmarca na primeira convocatoria de proxectos do Programa de Cooperación Territorial Europea Interreg IV-B Programa Operativo Sudoeste europeo 2007-2013. O Goberno galego forma parte deste proxecto con dous obxectivos fundamentais: introducir as novas tecnoloxías no mundo rural e mais comercializar o produto “turismo rural de Galicia”.

Entre as medidas máis importantes postas en marcha está a preparación de paquetes turísticos axeitados que sexan susceptibles de comercializarse. Segundo a Consellería de Cultura e Turismo, para levar a cabo este obxectivo rescataranse actividades esquecidas encadradas nos sectores primarios e/ou de servizos pero que aínda posúen gran potencial para ser explotados como servizos ou produtos turísticos.

Deste maneira, o concepto de agroturismo amplíase, actualízase e redimensiónase, contribuíndo ao deseño e lanzamento de produtos innovadores como paquetes ou escapadas turísticas transnacionais.