A Xunta avoga por potenciar a uva albariña tinta

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Xosé Manuel Cores Tourís, visitou a Subestación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia, onde comprobou os traballos que se desenvolven no centro, entre outros, distintas experiencias de adaptación de diferentes portainxertos, así como diversos sistemas de poda e de fertilidade.

No transcurso da visita, Tourís interesouse pola cepa do albariño tinto, unha variedade autóctona que está practicamente extinguida pero que o delegado avogou por recuperar. Segundo explicaron os técnicos do centro, a variedade pode ter un gran potencial.