O concurso de tapas de Vigo prolongouse ao longo do último mes en diversos establecementos do Casco Vello pero a intención do Concello é que no vindeiro ano teña unha maior duración. "Queremos revitalizar o tapeo no barrio para que sexa un lugar de atracción", sinalou o concelleiro de Turismo, Santi Domínguez.
Dos 21 establecementos participantes, 10 entraron na fase de competición. Tras a decisión do xurado incorporarase tamén o "voto popular" para seleccionar as tapas que ocuparán os tres primeiros postos do certame. O fallo farase público o vindeiro 13 de outubro. O xurado está integrado, ademáis de polo tenente de alcalde, polo presidente e vicepresidente da Asociación Galega de Sumilleres, David Barco e Antonio Portela, respectivamente e o xornalista Fernando Franco, entre outros.