A vendima avanza imparable e moitos dos viticultores, de feito, xa teñen toda a súa uva recollida. A chegada das choivas levou aos produtores a apurar os traballos o que fai que practicamente todas as denominacións xa teñan calculada a cifra final da colleita. Así, en Ribeira Sacra, por exemplo, xa superaron –por segunda vez dende que hai denominación- os cinco millóns de kilos de uva (a maioría dela, da variedade Mencía).
En Ourense xa se superaron os 23 millóns de kilos de uva recollidos. Na D.O. Ribeiro xa se dou por concluida a vendima, cunha cantidade final de 10,4 millóns de kilos de uva, co que se repite practicamente a cifra do ano pasado. En Monterrei superáronse as previsións iniciais de cantidade –próxima aos dous millóns de kilos- pero si se corroborou o excelente estado da uva.