Valmiñor ofrece o seu particular Outono Gastronómico

A Asociación de Empresarios do Val Miñor organiza, ata o vindeiro 15 de decembro, o Outono Gastronómico do Val Miñor, adicado ás setas. Establecementos hostaleiros de toda a comarca participan neste acontecemento coa preparación de menús a base de cogumelos. Os empresarios queren, así, dar a coñecer a hostalería dos tres municipios integrantes -Baiona, Gondomar e Nigrán- a través de restaurantes, taperías e bares.

Editaranse dúas guías-receitarios que se repartirán por toda a comarca e que servirán para facer unha ruta polos tres concellos. Preténdese así dar a coñecer a bisbarra e procurar a chegada de turistas en temporada baixa.