Ternera Gallega, de aniversario

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidirá os actos do XX Aniversario da IXP Ternera Gallega, que se celebran este venres no Hostal dos Reis Católicos. Os actos comezarán ás 20.00 horas coa actuación do Orfeón Terra A Nosa e a proxección do audiovisual “Ternera Gallega, 20 anos”.

A continuación procederase á lectura da acta do Pleno do Consello Regulador e á entrega de distincións e recoñecementos. O acto pecharase coa intervención das autoridades presentes e unha cea conmemorativa.