A Semana Verde trasládase a setembro

O Padroado da Fundación Semana Verde de Galicia acordou un cambio de datas para o certame agropecuario. Xa que logo, xa non se celebrará en xuño senón en setembro. Tamén hai cambios no seu contido, posto que xa non incluirá gandeiría.

O certame semella non encontrar o seu oco definitivo, nin no calendario nin na temática á que se adica pois vai perdendo vertentes a favor doutras citas feirais, como a recentemente creada GandAgro que, non obstante, é bienal.