San Froilán e Festa do Marisco, desafío á choiva

As inclemencias meteorolóxicas non puideron coas primeiras xornadas de celebración do San Froilán en Lugo e da Festa do Marisco en O Grove. O público respondeu e volveu encher ambas localidades, atraídos pola troula e a rica gastronomía. No San Froilán, as carpas das pulpeiras volveron ferver de actividade e prevese que o continúen facendo nos próximos días. Para o martes está previsto o concerto de Revólver que, de seguro, atraerá a milleiros de persoas á cidade das Murallas.

En O Grove, tanto as carpas instaladas no peirao como os restaurantes tiveron moita actividade durante a fin de semana. Tanta, que se superaron as mellores expectativas. No que vai de festa xa se venderon 30.000 racións de marisco, sendo o polbo á feira e as vieiras os pratos máis demandados.