Ribeira Sacra pecha a vendima con 5,2 kilos de uva recollidos

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra pechou oficialmente a vendima de 2009 cun total de 5.269.514 kilos de uva recollidos. Deles, a maioría (4.689.542 kilos) corresponden á variedade Mencía. A uva que entrou en adega estaba en moi bo estado fitosanitario e a gradación é alta. Con estes datos róndase a produción de 2005, que foi a maior dende que se aprobou esta D.O.

Neste tempo pasouse de 900 hectáreas a máis de 1.200, tendo en conta, ademais, a incorporación neste ano de novas áreas de produción en distintas subzonas. Os viticultores pasaron de 1.100 a máis de 2.800.