O Grupo Popular vén de presentar no Parlamento de Galicia unha iniciativa encamiñada a que a Xunta de Galicia inicie un proceso de diálogo co Ministerio de Fomento co obxectivo de proceder a regular as condicións de desenvolvemento en situación de viabilidade das procesións marítimas e os diferentes aspectos relacionados con estas. Para os deputados populares, dentro das tradicións mariñeiras de Galicia ocupan un lugar destacado as procesións marítimas que teñen lugar durante a celebración das Festas da Nosa Señora do Carme, polo que consideran que entre as condicións en que se debería propoñer a regulación destas está a declaración de especial interese cultural ás celebradas nesas datas. Así solicitan que se autorice con tal motivo o embarco de imaxes, bandas de música e persoas non ligadas á empresa nin á tripulación habitual, que participen en ditas procesións marítimas.
Para os deputados populares é necesario que a Xunta proceda a unha regulación sobre estas procesións dada a importancia especial que teñen en Galicia e que constitúen unha importante tradicións nos pobos costeiros.