Pulo ao Plan de Competitividade Turística de Vigo

O Consello da Xunta autorizou a sinatura do convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo, o Instituto de Turismo de España (Turespaña), o Concello de Vigo e a Federación Provincial de Hostalaría de Pontevedra (Feprohos) para o desenvolvemento do Plan de Competitividade Turística de Vigo, Turismo Urbano e de Ría por un importe total de 3.900.000 euros.

Para lograr unha boa execución do Plan de Competitividade créase unha comisión de seguimento sen personalidade xurídica, formada por representantes de Turespaña, da Secretaría Xeral para o Turismo, do Concello de Vigo e da Federación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Pontevedra.

O Plan contempla actuacións en sete áreas: planificación, administración, calidade, mercadotecnia, comercialización, capital humano e integración de produto.