Pouca caza no inicio da temporada

Comezou unha nova temporada de caza pero as primeiras saídas ao monte non depararon demasiadas capturas. Tal e como se agardaba, os afeccionados non faltaron á cita pero fixérono xa sen demasiadas aspiracións polas repoboacións de última hora, a ausencia de perdices e a mixomitose que afecta aos coellos.

Segundo informa El Correo, na área de Santiago a xornada inicial foi moi discreta e os cazadores queixáronse da escaseza de coellos; en Ourense e Lugo, a situación foi mellor do agardado, coa presenza de perdices e coellos; e finalmente, en Pontevedra a xornada tampouco sorprendeu e as capturas non foron espectaculares.