Pepe Solla levará a súa cociña do mar a Huesca

O cociñeiro pontevedrés Pepe Solla representará a Galicia nos sextos Talleres de Gastronomía de Huesca, que comezarán o vindeiro 3 de novembro co pasteleiro catalán Oriol Balaguer. O galego levará ata a cidade aragonesa a súa cociña do mar, pola que tanto é coñecido. A súa intervención terá lugar o 2 de marzo.

Entre os rostros máis populares destas xornadas está a do chef Sergi Arola que protagonizará –o 15 de febreiro- a xornada “Cociña mes a mes”, centrada na personalidade do restaurante a través do menú degustación.